Saltar ao contido

Atila en Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Atila en Galicia é o título do segundo dos tres álbums da guerra que publicou Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, en 1937, no seu labor na defensa da República e como denuncia internacional da represión que estaba sufrindo Galicia por parte dos fascistas.

Contido e características

[editar | editar a fonte]

O álbum foi editado en Valencia en xullo de 1937 polo Comité Nacional da Confederación Nacional do Traballo, e está formado por dez estampas debuxadas a tinta chinesa. En cada unha delas hai un breve título en galego, manuscrito polo autor, ampliado polo editor co mesmo texto en castelán, francés, inglés e sueco. Foi reeditado por Akal en 1978, nun facsímile que popularizou o álbum en España.

O propio Castelao explica así a razón de ser do álbum:

Moitas veces os mártires crean mundos que os herois nin tansiquera son capaces de concebir. E na miña Terra complirase a vontade dos mártires.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]